A delegación territorial da Xunta en Lugo acolle unha nova edición da mostra de artes plásticas Expoperegrina

Lugo, 8 de agosto de 2023

O edificio administrativo da Xunta en Lugo acolle unha nova edición da mostra de artes plásticas e visuais Expoperegrina, que organiza a Asociación Cultural GAPAsturias e conta coa colaboración da Delegación Territorial.

O delegado territorial, Javier Arias, visitou hoxe a exposición, que reúne unha vintena de   obras vinculadas ao Camiño de Santiago, en especial ao Camiño Primitivo. A mostra itinerante chega a Lugo despois de iniciar o seu percorrido en Oviedo no mes de febreiro; permanecerá ata finais de agosto na Sala de Exposicións da Delegación e pode visitarse de luns a venres en horario de mañá.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/08/2023