A Xunta reactiva a partir deste mércores os servizos de autobús ás piscinas de Monterrei, no concello do Pereiro de Aguiar

A liña A Valenzá – Monterrei (Piscinas) estará operativa desde o 9 de agosto ata o 10 de setembro, disporá de 3 expedicións de ida e 3 de volta, tanto en días laborables como nas fins de semana

Os servizos volven a estar dispoñibles tras as restricións da crise sanitaria e as tarefas de remodelación das piscinas
 

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2023

 

A Xunta reactivará deste este mércores día 9 de agosto os servizos de autobús ás piscinas de Monterrei, no concello do Pereiro de Aguiar.

Os usuarios do servizos de transporte público poderán dispor novamente da liña A Valenzá – Monterrei (Piscinas), que atendía as piscinas de Monterrei e quedara en suspenso debido ás restricións sanitarias da pandemia da Covid-19 e, posteriormente, pola realización das obras de remodelación das instalacións.

A liña A Valenzá – Monterrei (Piscinas) estará operativa desde o 9 de agosto ata o 10 de setembro, contará con 3 expedicións de ida de luns a venres, dende A Valenzá ata as piscinas de Monterrei, ás 14,55, 16,00 e 20,00. Os sábados e os domingos, contará con servizos ás 16,00, 17,00 e 20,00 horas.

Para o traxecto de regreso, dende as piscinas de Monterrei ata A Valenzá, as persoas usuarias disporán de 3 expedicións de luns a venres con saída estimada ás 15,35, 16,40 e 20,40 horas respectivamente. Os sábados e os domingos, tamén disporán de tres servizos, ás 16,40, 17,40 e 20,40 horas.

A viaxe, cunha duración estimada de 23 minutos, contemplará as seguintes paradas: A Valenzá 1-Avda. Celanova nº2, A Valenzá 3-Avda. Celanova nº56, A Valenzá 7-Centro Médico, A Valenzá 4-Avda. Celanova nº84, A Valenzá 5-Avda. Celanova nº120, Rot. Carrefour, Marcelo Macías Avda De Portugal, Xardín do Posío, Alameda, Parque de San Lázaro, As Lagoas, Ceboliño, Castadón, Cachamuiña, Bar A Derrasa, A Venda Derrasa, Os Gozos Parada, Monterrei (Piscinas), Monterrei Parada.

Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova, ao igual que fan en todos os autobuses da Xunta.

Os demais usuarios do transporte público da Xunta poderán beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.

A información dos horarios dos servizos e as súas paradas poderán ser consultadas na web www.bus.gal.

Data de actualización: 07/08/2023