O delegado territorial da Xunta en Ourense asiste á IV edición da Festa Etnográfica do Pereiro

Ourense, 06 de agosto de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu esta mañá en Pereiro de Aguiar á IV edición da Festa Etnográfica do Pereiro.

Da man do seu alcalde, Luís Menor, e tras percorrer as diferentes casetas, Gabriel Alén subliñou a contribución da Xunta á recuperación desta festa etnográfica a través dun campo de voluntariado enmarcado na campaña de verán da Consellería de Política Social e Xuventude. 

A Festa Etnográfica do Pereiro tenta recuperar os oficios tradicionais, tal e como a olería, cestería, talla en madeira, apicultura ou elaboración de instrumentos musicais co obxectivo de evitar que se perdan estas tradicións e poñer en valor esta riqueza intanxible dos nosos devanceiros.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/08/2023