A Xunta apoia os programas de inclusión sociolaboral e de intervención comunitaria do centro de Desenvolvemento Rural Ancares

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe a entidade

Cervantes (Lugo), 4 de agosto de 2023

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou hoxe o traballo que realizan as entidades que actúan en zonas rurais para favorecer a dinamización comunitaria e crear redes de apoio. Díxoo durante a visita ao Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) Ancares, ao que a Xunta achega máis de 88.000 euros para o desenvolvemento de programas e actividades.

O director xeral explicou que este apoio económico concrétase a través da orde de axudas a entidades de iniciativa social e a liña de subvencións con cargo ao 0,7% do IRPF. Con estes fondos, o CDR Ancares financia programas de inclusión sociolaboral básica e de intervención comunitaria, así como para a atención das necesidades básicas de persoas que viven no rural e a dinamización da muller.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/08/2023