Un total de 35 ANPAs benefícianse das axudas da Xunta para financiar a súa actividade

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución da convocatoria, que conta cun orzamento de 60.271€

Van destinadas a sufragar tanto actividades como gastos de xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento das súas instalacións

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2023

A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a concesión das axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de Educación Especial para este ano, das que se beneficiarán un total de 35 entidades.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades habilitou este ano unha partida de 60.271€ co obxectivo de contribuír ao funcionamento destas asociacións. As axudas van destinadas tanto para a realización de actividades como para sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións que se orixinen no período subvencionado. A subvención é compatible con outras subvencións ou axudas outorgadas por outra administracións públicas ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

 
As entidades beneficiarias son as reflectidas na seguinte táboa:
 
Provincia
Concello
Entidade
Coruña, A
Carballo

Federación centros públicos A Costa da Morte

Coruña, A
Coruña, A

Confederación Galega ANPAS centros públicos (CONFAPA)

Coruña, A
Coruña, A

Federación provincial de ANPAS de centros públicos-Fapa Coruña

Coruña, A
Coruña, A

ANPA CEE Ntra.Sra. de Lourdes

Coruña, A
Ferrol

Federación de ANPAS Ferrol e Comarca

Coruña, A
Ferrol

ANPA CEE Terra de Ferrol

Coruña, A
Ribeira
ANPA CEE Amicos
Coruña, A

Santiago de Compostela

Confederación ANPAS galegas

Coruña, A

Santiago de Compostela

Federación de centros públicos Compostela

Coruña, A

Santiago de Compostela

ANPA A Barcia
Coruña, A

Santiago de Compostela

ANPA Colexio Duques de Lugo

Lugo
Lugo

FAPACEL Federación provincial de ANPAS de centros públicos

Lugo
Lugo
FAPA Lugo
Lugo
Lugo

ANPA CEE Santa María

Ourense
Ourense
CONGAPA
Ourense
Ourense

Federación provincial de ANPAS de centros públicos As Burgas

Ourense
Ourense

Federación de ANPAS de Centro Privados e Concertados

Ourense
Ourense
ANPA CEE Miño
Ourense
Ourense
ANPA CEE O Pino
Pontevedra
Estrada, A

FESANPAS Federación Estradense de Asociacións de nais e pais de alumnos

Pontevedra
Gondomar

Federación de ANPAS do Val Miñor

Pontevedra
Guarda, A

ANPA CEE Joaquina Sobrino

Pontevedra
Lalín

FAFADE Federación de Asociacións de familias do alumnado do Deza

Pontevedra
Nigrán

ANPA La Ilusión del Val Miñor

Pontevedra
Ponteareas

FANPO Federación de ANPAS O Condado-Paradanta

Pontevedra
Pontevedra

Federación provincial de ANPAS de centros públicos-FANPA

Pontevedra
Pontevedra
ANPA CEE Juan XIII
Pontevedra
Porriño, O

ANPA CEE Santísimo Cristo del Amor ACEESCA

Pontevedra
Redondela

Federación de ANPAS de Redondela

Pontevedra
Vigo

FOANPAS Federación de ANPAS Olívica

Pontevedra
Vigo
ANPA CEE A Menela
Pontevedra
Vigo

ANPA CEE Saladino Cortizo

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

FEAPA Pontevedra
Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

ANPA CEE Os Mecos
Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

ANPA CEE Vilagarcía de Arousa

Data de actualización: 06/08/2023