A Xunta renova a súa aposta pola promoción turística conxunta a través da marca España Verde

O director de Turismo de Galicia participou esta mañá na comisión de seguemento desta marca turística, que aglutina ás comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, ademáis de Turespaña.

O encontro serviu para facer balance do Plan de Actuación deste ano e deseñar o resto das accións comúns que se van desenvolver ata final de ano, sobre todo no ámbito internacional.

Bilbao, 3 de agosto de 2023

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou por vez primeira na comisión de seguemento da España Verde, a marca turística que reúne ás comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi, ademáis de Turespaña, para a promoción conxunta deste territorio. O seguemento do Plan Operativo 2023, así como a situación do proxecto “Corredor de Ecoturismo da España Verde”, financiado con fondos europeos, ou a posta en común de novas iniciativas para a modernización das presentacións da España Verde nos mercados internacionais, centraron boa parte do encontro, que se desenvolveu na Torre Ibrerdrola de Bilbao.

Ao remate do encontro Merelles explicou que o turismo das catro comunidades autónomas rexistrou no primeiro semestre de 2023 algo máis de 5 millóns de viaxeiros, o que se traduce nun incremento de 14,5 puntos de media con respecto ao mesmo período do ano pasado. Neste sentido, o director de Turismo de Galicia enxalzou a importancia da marca España Verde para a promoción e dinamización turística e cultural dos territorios socios ao tempo que aseguruou que Galicia continuará apostando por esta colaboración de cara a seguir obtendo “grandes resultados”. 

Durante a reunión fíxose un seguemento das accións deseñadas para este ano 2023, centradas fundamentalmente na actualización das ferramentas de promoción (web, rrss, banco de imaxes) e en iniciativas como os catro "Fam Trip Online" temáticos sobre El Camino de Santiago creados, nos seus itinerarios do Norte e Primitivo, e no Camiño Lebaniego, a Enogastronomía, as Ciudades e patrimonio cultural e a Naturareza.

A España Verde

Todos os participanes coincidiron en renovar o seu compromiso co potencial turístico da España Verde que ofrece máis de 2.000 quilómetros de costa, preto de 1.200 praias, 31 balnearios e 9 talasos, máis de 60 campos de golf, uns 20 Paradores de Turismo, e máis de trescentas mil prazas de aloxamento, ademáis ser líder nacional en natureza grazas aos seus parques nacionais, parques naturais e reservas da biosfera cun millón de hectáreas de espazo protexido.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/08/2023