A Xunta facilita durante este de agosto un total de 40 frecuencias de autobús para desprazarse durante a semana entre Redondela e a praia de Cesantes

Os usuarios dispoñen de tres servizos de ida e cinco de volta de luns a venres durante o mes de agosto

Catro expedicións diarias realizan o traxecto entre a parroquia de Cedeira, Redondela e a praia de Cesantes e outras catro conectan Redondela co areal
 

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2023 A Xunta facilitará durante todo o mes de agosto 40 frecuencias de autobús para o desprazamento durante a semana entre Redondela e a praia de Cesantes.

A liña de transporte público interurbano da Xunta dirixida a atender os desprazamentos á praia entre o municipio pontevedrés e o areal conta durante este mes con 8 expedicións ao día de luns a venres, tres de ida e cinco de volta.

Un dos servizos de ida, con saída ás 15,45, realiza o traxecto Cedeira-Redondela-Praia de Cesantes, con paradas en Cedeira (O Cruceiro), Redondela (A Farola, Fonte de Santiago, ambulatorio), Cesantes (Cruceiro), San Pedro de Cesantes, Alto de Cesantes e punta praia de Cesantes.

Para a volta ata a parroquia de Cedeira están dispoñibles tres servizos ao día, con saída do areal ás 19,00 horas, 19, 45 horas e 20,15 horas.

As outras catro expedicións realizan o traxecto Redondela-Praia de Cesantes, mantendo o resto das paradas intermedias. Para a ida, os servizos saen da parada Redondela (A Farola) ás 13,00 horas e ás 16,30 horas e, para a volta, o autobús sae do areal ás 13,15 horas e ás 16,15 horas.

Con esta oferta de servizos de autobús, a Xunta facilita os desprazamentos á praia en transporte público durante o verán, como principal alternativa ao vehículo particular, evitando a saturación de tráfico e as emisións contaminantes nos desprazamentos aos areais.

Nestes servizos, como en todos os autobuses da Xunta, os menores de 21 anos poden viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova. Máis de 1.700 mozos e mozas de Redondela xa dispoñen da súa tarxeta.

Tamén o resto de usuarios do transporte público da Xunta poden beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.

Os horarios dos autobuses da Xunta e toda a información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/08/2023