O delegado territorial da Xunta supervisa o inicio das obras de reparación de cuberta do ximnasio e a creación dun espazo para maquinaria de FP dual do IES 12 de Outubro

A Consellería de Educación, Cultura, FP e Universidades vai investir preto de 47.000 euros nas distintas actuacións do centro

Ao mesmo tempo, realizaranse actuacións de mellora na rede de fontanería coa substitución e revisión de elementos das salas de caldeiras e a instalación de filtros de partículas e de billas nos circuítos
 

Ourense, 01 de agosto de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá o IES 12 de Outubro para supervisar o inicio das obras de reparación de cuberta do ximnasio e a creación dun espazo para maquinaria de FP dual, nas que a Consellería de Educación, Cultura, FP e Universidades vai investir preto de 39.000 euros dentro dun prazo de execución de tres meses.

O delegado territorial explicou que se instalará unha nova cobertura sobre a actual doutro panel tipo sándwich. Redúcense os inconvenientes para o centro e limitase o risco da construción, aumentando o illamento térmico e eliminación de goteiras.

Gabriel Alén detallou tamén o novo espazo que se construirá para albergar un compresor que debe estar emprazado preto do actual para poder conexionar cas liñas de instalacións e distribución de aire comprimido. Para iso proxectase a construción dun altillo, aproveitando a altura libre dos talleres. O novo espazo no sumará moito mais peso sobre a estrutura do edifico xa que estará construído cunha subestructura metálica pechada con panel illante tipo barreira de son. Tamén se se consegue liberar un espazo aproveitable baixo o novo local (actualmente ocupado polo compresor). Este local será de escaso acceso, puntualmente para mantemento e inspeccións.

Ao mesmo tempo, realizaranse actuacións de mellora na rede de fontanería por valor de máis de 8.000 euros coa substitución e revisión de elementos das salas de caldeiras e a instalación de filtros de partículas e de billas nos circuítos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/08/2023