A Xunta destaca nunha reunión con INEO a importancia das TIC na mellora competitiva do tecido empresarial

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2023

A directora do Igape, Covadonga Toca, mantivo recentemente un encontro co equipo directivo da Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (INEO) e coa súa nova presidenta, Lourdes Guerra, no que se avaliou a importancia das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na mellora competitiva do tecido empresarial e o papel da entidade para facer de Galicia un referente do sector e impulsar a cultura innovadora.

Na reunión púxose de manifesto a necesidade de seguir apostando pola colaboración institucional nesta nova etapa, co obxectivo de apoiar as empresas que forman a asociación para continuar mellorando nos procesos que definen a súa actividade, como son a innovación, a formación, a internacionalización ou o emprendemento e o traslado e aplicación do coñecemento do sector a toda a sociedade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/08/2023