A Xunta despide o curso na escola infantil pública autonómica Rosalía de Castro, en Vigo

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, agradeceu o traballo do persoal e a confianza das familias na proposta educativa do centro

Vigo, 31 de xullo de 2023

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá a escola infantil pública autonómica Rosalía de Castro, en Vigo. Alí desexou un bo verán tanto ao persoal do centro como aos nenos e ás familias, xa que hoxe foi a último día de actividade na escola por este curso.

O director xeral agradeceu ao profesorado e demais persoal do centro o seu traballo, e aos pais a confianza depositada na proposta educativa da Xunta de Galicia para a etapa de 0 a 3 anos, que é voluntaria e na que a atención educativa é gratuíta para o 100% do alumnado en todas as escolas infantís da Comunidade Autónoma. Os nenos volverán ás aulas o martes 5 de setembro para comezar o curso 2023-2024.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/07/2023