A Xunta agradece á organización do Arousaman por darlle visibilidade ás necesidades das persoas con dano cerebral adquirido

Ribeira (A Coruña), 29 de xullo de 2023 A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, asistiu hoxe á final da travesía a nado do Arousaman na praia do Coroso, en Ribeira. Durante o encontro agradeceu á organización por darlle visibilidade ás necesidades das persoas con dano cerebral adquirido e das súas familias.

Este evento deportivo bianual destina os seus beneficios a entidade Sarela que atende aos afectados en Santiago de Compostela e a comarca do Barbanza. Os nadadores realizan a travesía desde O Grove ata esta praia do Coroso en Ribeira.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/07/2023