Os mozos e mozas do programa conecta con Galicia de emigración visitan o polo aeroespacial de Galicia en Rozas (Castro de Rei - Lugo) para achegarse ao mundo da innovación galega

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2023

Os preto de 30 mozos e mozos galegos do exterior que chegaron a pasada semana para participar no programa Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración visitaron nas últimas horas o Polo Aeroespacial de Galicia en Rozas (Castro de Rei, Lugo) para achegarse ao mundo da innovación e a realidade empresarial galega.

Este programa, realizado en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ao longo de dúas quendas e que se desenvolve no albergue de Gandarío, permite que persoas nadas en Galicia ou descendentes de emigrantes galegos de 16 e 17 anos, e residentes no exterior, volvan ter contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares, supoñendo para moitos deles a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/07/2023