A Xunta informa de que os concertos do Faro de Corrubedo mudan aos vindeiros 19 e 20 de agosto por mor da climatoloxía adversa prevista

As entradas reservadas poden manterse para as novas datas programadas, respectando os lugares asignados

As cancelacións poden solicitarse no mail attcliente@woutick.es ata as 23:59h do domingo 30 de xullo

As entradas que queden dispoñibles poñeranse reservarse a partir do martes 2 de agosto na web www.festivalmaraberto.es
 

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2023

A Xunta informa de que os concertos desta fin de semana no Faro de Corrubedo (Ribeira) mudan aos vindeiros 19 e 20 de agosto, por mor da climatoloxía adversa prevista.

 

Debido á axenda dos artistas participantes, haberá un cambio na programación de ambos os dous días. Así o vindeiro 19 agosto actuarán The Gift, Allova  e Rapariga D. O domingo 20 de agosto actuarán Blanca Paloma, Sheila Patricia e Señora Dj.

 

As entradas reservadas poden manterse para as novas datas programadas, respectando os lugares asignados. As entradas do venres 18 de xullo serán válidas para o sábado 19 de agosto e as entradas do sábado 29 de xullo serán válidas para o domingo 20 de agosto.


As cancelacións poden solicitarse no mail
 attcliente@woutick.es ata as 23:59 h do domingo 30 de xullo. As entradas que queden dispoñibles poñeranse reservarse a partir do martes 2 de agosto na web  www.festivalmaraberto.es

 

Este ciclo de concertos Festival Mar Aberto - Festival Mar Aberto é unha continuación dos Concertos na Fin do Mundo, concibidos como unha experiencia musical e turística diferente no marco da celebración do Xacobeo 21-22. Para esta edición contouse con catro localizacións diferentes que tiñan como referente próximo un faro da costa galega ou espazo de beleza singular. Así, nas tres primeiras fins de semana de xullo houbo  concertos de formato intimista en contornas singulares, como o Arsenal militar de Ferrol ou os faros de Cabo Silleiro e da Barca. Concertos cunhas impresionantes vistas sobre a ría ou un espectacular solpor sobre o Atlántico

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/07/2023