A vía encádrase na 2ª Fase do Plan extraordinario de reparación de camiños, dotado con preto de 600.000 euros

O delegado territorial da Xunta supervisa as obras de mellora dun camiño en Sarreaus

As actuacións enmárcanse na 2ª Fase do Plan extraordinario de reparación de camiños, dotado con 550.690,23 euros a través dun convenio entre e Consellería do Medio Rural e 9 concellos da comarca da Limia para o arranxo dos mesmos que faciliten a comunicación aos agricultores e gandeiros locais desta bisbarra ourensá

Xa están rematados os camiños de Baltar, Calvos de Randín, Porqueira, Sandiás, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia e Trasmiras. No de Rairiz de Veiga, estanse a executar os regos asfálticos

As obras de acondicionamento consisten en limpar as gabias e a vexetación presente no camiño, en rehabilitar obras de fábrica xa existentes e en varrer e tapar as zonas que o precisen

Ourense, 21 de xullo de 2023 O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse esta mañá ao concello de Sarreaus para, acompañado do alcalde, Gumersindo Lamas, supervisar as obras dun camiño enmarcado na 2ª Fase do Plan extraordinario de reparación de camiños, dotado con 550.690,23 euros a través dun convenio entre e Consellería do Medio Rural e 9 concellos da comarca da Limia para o arranxo dos mesmos que faciliten a comunicación aos agricultores e gandeiros locais desta bisbarra ourensá.

As obras de acondicionamento consisten en limpar as gabias e a vexetación presente no camiño, en rehabilitar obras de fábrica xa existentes e en varrer e tapar as zonas que o precisen. Neste caso concreto, ten una lonxitude de 2.839 metros e un ancho de 4,5 metros. Os traballos consisten na limpeza de cunetas, compactado de rasante e firme de saburra de 15 centímetros na limpeza de cunetas – xa executadas-, compactado da rasante e a colocación de 3 metros de caño, cun diámetro de 60 centímetros e empezouse co firme de saburra cun espesor de 15 centímetros en todo o camiño, estimando o seu remate a finais do mes xullo.

Os camiños, todos de titularidade municipal, seleccionáronse en función dunha serie de criterios previamente marcados, que pasan por priorizar aqueles viarios localizados en concentracións parcelarias, aqueles que dan acceso a un maior número de parcelas agrícolas ou explotacións agrarias e, en terceiro lugar, aqueles que teñan unha maior intensidade media diaria de vehículos agrícolas ou con tramos cunha lonxitude mínima de 100 m que se atopen en peores condicións.

Os concellos beneficiarios desta colaboración, son os de Baltar, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio e Xinzo de Limia. A día de hoxe xa están rematados os camiños de Baltar, Calvos de Randín, Porqueira, Sandiás, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia, Os Blancos, Vilar de Santos, Xunqueira de Ambía e Trasmiras. No de Rairiz de Veiga, estanse a executar os regos asfálticos.

Ademais, este convenio forma parte do Plan extraordinario de mellora de infraestruturas da comarca da Limia, dentro do cal tamén participa a Deputación de Ourense colaborando cos concellos poñendo á súa disposición maquinaria para o arranxo doutros camiños.

Plan estratéxico do sector agrario da Limia

Este plan extraordinario está encadrado no Plan estratéxico do sector agrario da Limia, promovido pola Xunta e polos diferentes axentes da comarca. Este plan estratéxico busca lograr un mellor e máis efectivo aproveitamento dos recursos, reducir a concentración de nutrientes nas augas, xerar emprego e fixar poboación no rural, combatendo así o cambio climático á par que Europa.

Ademais, cabe sinalar que estas obras de acondicionamento de camiños veñen completar o conseguido ata o de agora para esta comarca ourensá, tras intensas negociacións co Goberno central. Así, grazas á colaboración institucional liderada pola Xunta, estase a investir un total de 39 millóns de euros na potenciación do sector agrario da Limia. Nesta liña, cómpre destacar os 16 millóns de euros que se destinarán á limpeza das canles e dos camiños paralelos a elas, co fin de mellorar a xestión dos subprodutos gandeiros e das augas para evitar e reducir a afectación ambiental das prácticas agrogandeiras actuais nesta bisbarra ourensá.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/07/2023