A Xunta destaca o traballo a pé de campo e durante todo o ano que realizan as entidades de discapacidade

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe a sede de Fademga Plena Inclusión

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2023

A directora xeral Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe as instalacións de Fademga Plena Inclusión e reuniuse cos seus responsables para repasar as liñas de colaboración que o seu departamento ten abertas con esta entidade.

Begoña Abeijón reafirmou o compromiso do Goberno galego coas entidades que como Fademga traballan os 356 días do ano e a pé de campo para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias. Esta colaboración reflíctese a través do financiamento de prazas nos seus centros ou coa concesión de axudas para mellorar as súas instalacións, renovar os seus vehículos adaptados ou afrontar os custes salariais dos seus profesionais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/07/2023