A Xunta comezará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da autovía AG-64 en Narón, e na estrada OU-209, en Leiro

Continuarán as actuacións en execución desde a pasada semana na AG-64 en San Sadurniño; e na estrada LU-160, en Mondoñedo e Alfoz

Na provincia de Ourense tamén seguirán as tarefas de acondicionamento de marxes na estrada autonómica OU-801, que conecta Padrenda e Ribadavia

Proseguirán as intervencións en execución na provincia de Pontevedra nas marxes da autovía AG-51, en Salvaterra de Miño; na VG-4.6, que une Cangas e Bueu; e na vía de altas prestacións do Morrazo (CG-4.1.), Moaña-Cangas

Todas estes traballos inclúense no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa nas marxes das vías da Xunta, cun investimento de case 3 M€ para os vindeiros dous anos

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2023 A Xunta comezará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da autovía Ferrol-Vilalba, a AG-64, ao paso por Narón, e na estrada OU-209, no concello de Leiro.

Tamén continuarán os traballos de roza e limpeza que se veñen realizando desde a pasada semana na AG-64 en San Sadurniño; e na estrada LU-160, en Mondoñedo e Alfoz.

Na provincia de Ourense, ademais de iniciarse as limpezas na OU-209 en Leiro, proseguirán os traballos que se están a acometer na estrada autonómica OU-801, que comunica os concellos de Padrenda e de Ribadavia.

Na provincia de Pontevedra seguirase coas intervencións en execución nas marxes da autovía AG-51, no concello de Salvaterra de Miño; na VG-4.6, que comunica os municipios de Cangas e de Bueu; e na vía de altas prestacións do Morrazo (CG-4.1.), Moaña-Cangas.

Seguridade viaria

Estas tarefas forman parte do novo contrato da Xunta coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas e mellora da seguridade viaria, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous vindeiros anos.

Os obxectivos dos traballos son o roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como o acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas, ou a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

O Goberno galego, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/07/2023