A Xunta visita a residencia de maiores de Vilamartín de Valdeorras da Fundación Valdegodos

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, estivo con usuarios, persoal e directivos deste centro, que conta con prazas financiadas pola Administración autonómica

Vilamartín de Valdeorras, 20 de xullo de 2023 O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe a residencia Virgen de los Milagros que xestiona a Fundación Valdegodos en Vilamartín de Valdeorras. Antón Acevedo tivo a ocasión de conversar con usuarios e persoal deste centro, e reuniuse cos seus responsables.

Esta residencia conta con 50 prazas financiadas pola Xunta de Galicia. Foi o primeiro centro creado pola Fundación Valdegodos e tamén é a sede central da mesma. Dispón de salas de fisioterapia, enfermaría, espazos de convivencia e aulas para actividades e obradoiros, ademais dunha ampla zona axardinada.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/07/2023