Xosé Merelles mantén unha xuntanza coa Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte

O director de Turismo de Galicia gabou o potencial deste territorio para atraer viaxeiros e lembrou que nos últimos 5 anos o a ocupación medrou en preto dun 23 %

Tamén se referiu ao alto nivel de asociacionismo empresarial e profesional que existe neste xeodestino

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2023 O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo esta tarde unha xuntanza coa directiva de Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM), como primeira toma de contacto co sector desta zona.

Xosé Merelles gabou o potencial da Costa da Morte para atraer viaxeiros e lembrou que nos últimos 5 anos a ocupación medrou en preto dun 23 % no número de turistas e máis dun 42 % en número de pernoctacións, o que amosa o enorme potencial co que conta a Costa da Morte.

Segundo lles explicou Xosé Merelles, dende a Xunta apoiouse a este sector dende o primeiro momento, xa que foi un dos máis afectados pola pandemia, e agradeceulles  á súa capacidade de traballo, o que axudou, tal e como se está reflectindo, nun aumento do número de persoas e de peregrinos que visitan Galicia. Destacou, ademais o alto nivel de asociacionismo empresarial e profesional que existe neste xeodestino

Merelles destacou a importancia dos profesionais para potenciar un turismo de valor engadido, un turismo de calidade, baseado na sustentabilidade, cunha forte aposta pola internacionalización, contando coa axuda da dixitalización. Animounos a seguir traballando para que este ano Galicia siga na senda iniciada o pasado ano, onde se bateron todos os récords de chegada de peregrinos e turistas á nosa comunidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/07/2023