A Xunta destaca o traballo da Fundación Juan Soñador en favor dos nenos e adolescentes

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou hoxe o campamento que esta entidade desenvolve en Allariz co apoio do Goberno galego

Allariz (Ourense), 19 de xullo de 2023 O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, destacou hoxe o traballo que realiza a Fundación Juan Soñador para que todos os nenos e adolescentes teñan as mesmas oportunidades. Díxoo durante a visita ao campamento ‘Espabila’ que a entidade desenvolve no albergue de Allariz e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través das axudas do 0,7% do IRPF.

Neste sentido, o director xeral fixo fincapé no compromiso do Goberno galego en axudar a todos os nenos e ás súas familias para que poidan gozar de actividades de ocio e de lecer tamén nos períodos non lectivos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/07/2023