Turismo de Galicia investirá 14,4 millóns de euros na rehabilitación da Fortaleza de Monterrei

A plataforma de Contratos de Galicia publica hoxe a licitación da obra por importe de 14,4 M€


A actuación esta enmarcada no Plan Xacobeo Next Generation, no que están incluídos a posta en valor de 12 BICs do Camiño de Santiago, aos que se dedican 22,7 M€
 

Nestes 12 BICS levaranse a cabo proxectos de mantemento e rehabilitación co obxecto de por en valor estes bens de interese cultural no Camiño de Santiago e a Fortaleza de Monterrei é a que conta coa máxima inversión
 

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2023

Turismo de Galicia vén de publicar na plataforma de Contratos de Galicia a licitación para a obra de rehabilitación do recinto fortificado de Monterrei, cun orzamento de 14.493.054€.

Levaranse a cabo actuacións sobre o edificio da casa cuartel, coa recuperación integral da edificación; ademais no entorno da praza do mercado e antigo Concello e nas construcións adxacentes, nas edificacións da porta norte que corresponden á torre da cárcere e os dous corpos de garda. Tamén se levarán a cabo mellloras na entrada ao recinto, no paseo de Ronda e na construción do novo edificio de recepción de visitantes.

Ademáis desta dotación prevista para a licitación da obra, levaronse xa a cabo unha serie de actuacións previas tales como intervencións arqueolóxicas, estudos históricos, etnográficos e topográficos, así como estudos de mobilidade e estudos documentais, que supuxeron un investimento previo de mais de medio millón de euros.

A Xunta de Galicia ten como obxectivo conservar os bens de interese cultural e permitir que poidan seguir sendo desfrutados polas xeracións futuras. Preténdese diversificar a oferta e desenvolver recursos turísticos, centrándose de xeito especial no investimento en zonas de menor densidade de poboación. Deste xeito, búscase a consolidación da poboación en zonas máis despoboadas e preténdese impulsar turisticamente esas poboacións e as súas comarcas.

 

A actuación esta enmarcada no Plan Xacobeo Next Generation, no que están incluídos a posta en valor de 12 BICs do Camiño de Santiago, aos que se dedican 22,7 millóns de euros co obxectivo de conservar os bens de interese cultural e permitir que poidan seguir sendo desfrutados polas xeracións futuras. A Fortaleza de Monterrei é a que conta coa máxima inversión nestes bens de interese cultural.

Este financiamento permitirá poñer en valor o patrimonio histórico ao longo dos Camiños de Santiago a través da súa rehabilitación e incluíndo melloras de sustentabilidade, accesibilidade e eficiencia enerxética, así como medidas coas que impulsar a modernización ou dixitalización destes espazos.

Data de actualización: 18/07/2023