Trenor despide aos partipantes da ‘Ruta Quetzal. Hacia la luz del fin del mundo’ que visitaron Galicia na primeira quincena de xullo

A Ruta Quetzal conmemorou o 30 Aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, en 1993

A Coruña, 13 de xullo de 2023

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, despediu aos participantes  da expedición Ruta Quetzal 2023. Hacia la luz del fin del mundo. O delegado da Xunta destacou a posta en valor e a promoción do Camiño de Santiago a través xa que esta edición está dedicada especialmente ao itinerario xacobeo para conmemorar o 30º aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco.

 

“A Ruta Quetzal é coñecida e recoñecida en todo o mundo e, ademais de achegar mozos de toda España a Galicia, tamén nos outorga unha gran visibilidade global, pero é que tamén amosa a súa especial sensibilidade coa nosa terra e co Camiño, posto que todas as actividades deste ano están orientadas a celebrar as tres décadas nas que este gran itinerario cultural e relixioso leva declarado como Patrimonio da Humanidade”, manifestou o delegado da Xunta na Coruña

 

Esta expedición desenvólvese dende o pasado sábado 1 de xullo e remata hoxe na Coruña e ten o seu campamento base en Vilanova de Arousa. Os participantes nesta iniciativa lúdico-cultural realizaron actividades na cidade da Coruña desde onte e hoxe xoves e, posteriormente, regresaron a Vilanova de Arousa para rematar a súa experiencia en Galicia mañá venres.

 

Ademais de percorrer para coñecer a cidade, tiveron a oportunidade de visitar a Torre de Hércules e o Museo Domus. Os participantes na Ruta Quetzal 2023 estiveron hoxe no Museo de Belas Artes antes de retornar a Vilanova de Arousa onde porán fin a 15 días de experiencias únicas e irrepetibles. A Ruta Quetzal 2023 conta coa colaboración de Mar de Santiago e co patrocinio da Xunta de Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/07/2023