A Xunta estuda proxectos de colaboración coa Fundación ONCE para facer un Camiño de Santiago máis accesible

Xosé Merelles e Ildefonso de la Campa reunironse co director de Accesibilidade Universal e Innovación da Fundación ONCE, Jesús Hernández-Galán

A web caminodesantiago.fundaciononce.es, inclúe información,recomendación e consellos para facer o Camiño

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2023

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos del Camiño De Santiago, Ildefonso de la Campa mantiveron esta semana unha reunión con representantes da Fundación ONCE para estudar proxectos de colaboración e facer un Camiño de Santiago máis accesible.

 

Xosé Merelles e Ildefonso de la Campa reuníronse co director de Accesibilidade Universal e Innovación da Fundación ONCE, Jesús Hernández-Galán onde avanzaron na colaboración, que en principio, consistiría en poñer en marcha un programa de formación sobre a atención a persoas con discapacidade, orientada aos albergueiros, Oficinas de Turismo, centros de interpretación, responsables de albergues Privados e hostalería.

 

A Fundación ONCE ten na web https://caminodesantiago.fundaciononce.es, información, recomendacións e consellos para facilitarlle facer o Camiño.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/07/2023