María do Carmen Gueimunde asume a xefatura territorial da Consellería do Mar en Celeiro-Lugo

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mantivo esta semana un encontro coa nova xefa territorial da Consellería do Mar en Celeiro-Lugo, María do Carmen Gueimunde, que asumiu o cargo recentemente. O titular de Mar analizou coa nova responsable da Consellería na zona -que abarca A Mariña lucense e parte do litoral coruñés- os retos e necesidades máis inmediatas que ten o sector marítimo-pesqueiro da súa área de influencia. O representante do Executivo galego tamén aproveitou para coñecer as instalacións e saudar aos empregados da xefatura.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/07/2023