Rematadas as obras de estendido do firme na autovía Santiago-Brión, a AG-56

A próxima semana procederase á execución das xuntas dos viadutos e á pintura, intervencións que só precisarán de cortes de tráfico nun dos carrís

Aproveitáronse os traballos para mellorar a configuración do enlace da autovía coa SC-20 e a AP-9, evitando que os vehículos procedentes de Santiago teñan que ceder o paso para acceder á AP-9, como acontecía ata agora

Para acadar este obxectivo e favorecer a mobilidade, reducíronse os carrís de circulación que veñen de Brión, pasando de 2 a 1 un pouco antes do enlace

Estes traballos forman parte da renovación do firme na autovía Santiago-Brión e na vía de altas prestacións Pardiñas-As Galanas, cun investimento de case 5,9 millóns de euros asumido dentro do contrato de concesión

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2023

Os traballos de estendido do firme na autovía Santiago-Brión (AG-56) están xa rematados e completaranse a vindeira semana coa execución das xuntas dos viadutos e labores de pintura.

As tarefas que restan por acometer a próxima semana só precisarán de cortes de tráfico nun dos carrís.

No marco destes traballos tamén se aproveitou para mellorar a configuración do enlace da autovía coa SC-20 e a AP-9. Coa actuación realizada evítase que os vehículos procedentes de Santiago para a SC-20 teñan que ceder o paso para acceder á AP-9, como acontecía ata agora.

Para acadar este obxectivo e favorecer a mobilidade, reducíronse os carrís de circulación que veñen de Brión, pasando de 2 a 1, un pouco antes do enlace.

Estas tarefas forman parte da renovación do firme na autovía Santiago-Brión, a AG-56, e na vía de altas prestacións Pardiñas-As Galanas que se estiveron a executar estas semanas cun investimento de case 5,9 M€, asumido dentro do contrato de concesión da autovía.

Os traballos abrangueron o acondicionamento do firme de puntos ou zonas singulares cun deterioro acentuado, mediante o fresado da capa de rodaxe e a súa reposición. As obras tamén incluíron o selado de fisuras transversais e o estendido de nova capa de rodaxe no tronco, ramais e enlaces. As obras complétanse coa reposición da sinalización horizontal e vertical.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/07/2023