A conselleira de Política Social e Xuventude, acompañada do delegado territorial da Xunta, Javier Arias, deu a coñecer hoxe a nova edición desta iniciativa

Fabiola García sinala que a xunta duplicou este ano as prazas do programa “Benestar en balnearios” ata as 1250

A través deste proposta favorécese unha vida activa e saudable ás persoas maiores

Os establecementos interesados en participar teñen ata o vindeiro 20 de xullo para solicitalo e as inscricións para as persoas maiores comezará no último trimestre deste ano

Lugo, 14 de xullo de 202

3

A Xunta de Galicia reforza o programa de ‘Benestar en balnearios’ ao duplicar o número de prazas que ofertará este ano, que acadarán as 1250. Anunciouno a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, que esta mañá deu a coñecer no Hotel Balneario Termas Romanas a nova edición desta proposta, coa que se favorece unha vida activa e saudable ás persoas maiores.

Fabiola García, que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, explicou que o Executivo autonómico recuperou o ano pasado a súa proposta de ‘Benestar en balnearios’ tras o parón da pandemia e que foi o éxito no número de solicitudes o que animou a ampliar o seu alcance. 

Nesta nova edición, ademais de incrementar o número de prazas, licítase a súa contratación para ofrecelas en todos os balnearios de Galicia que estean interesados en participar. Os establecementos que queiran adherirse a esta iniciativa teñen ata o vindeiro día 20 de xullo para solicitalo, mentres que as inscrición para as persoas maiores comezará no último trimestre do ano.

Para desfrutar e coidarse

‘Benestar en Balnearios’ está dirixido a persoas maiores de 60 anos que desexen pasar unha estadía de dez días en réxime de pensión completa en balnearios e establecementos termais da nosa comunidade. O obxectivo é darlles a oportunidade de desfrutar desta etapa das súas vidas, coidarse e compartir momentos con outras persoas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/07/2023