A Xunta subliña en Viveiro a aposta pola transformación dixital do comercio de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na presentación da nova APP de fidelización de clientes do Centro Comercial Histórico da localidade, que conta co apoio da Administración autonómica

Viveiro (Lugo), 13 de xullo de 2023

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, destacou hoxe en Viveiro a aposta da Xunta de Galicia pola transformación dixital e sustentable do comercio de proximidade galego, así como o desenvolvemento de novos modelos de negocio e a formación, para impulsar así a competitividade dun sector clave para a economía e o emprego das vilas e cidades galegas.

Heredia participou na presentación da nova APP de fidelización de clientes impulsada polo Centro Comercial Histórico da localidade, unha iniciativa que conta cun apoio da Xunta de Galicia de máis de 6.000 euros a través do programa do fondo tecnolóxico, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU.

O director xeral de Comercio e Consumo destacou o papel que están a xogar as asociacións de comerciantes na dinamización do sector, salientando que a colaboración con estas entidades é fundamental na estratexia de impulso ao sector que desenvolve a Administración autonómica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/07/2023