O Sergas publica a relación provisional das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario

Resultaron admitidos 9.898 aspirantes nunha vintena de categorías

O 9,29 % foron novas inscricións realizadas por persoas que non se presentaran ao anterior proceso

Santiago, 13 de xullo de 2023

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, a relación provisional coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal dunha vintena de categorías de persoal estatutario. Inscribíronse no proceso 10.074 persoas, das que resultaron admitidas 9.898 e 176 excluídas por diversos motivos, entre eles, falta de acreditación da titulación de acceso á categoría.

 

O total de aspirantes admitidos por categorías foron: 78 en albanel, 187 en calefactor/a, 127 en carpinteiro/a, 726 en condutor/a, 243 en costureiro/a, 771 en electricista, 401 en enxeñeiro/a técnico/a, 184 en fontaneiro/a, 1.214 en grupo de xestión da función administrativa, 747 en grupo técnico da función administrativa, 1.136 en lavandeiro/a, 332 en mecánico/a, 947 en pasador/a de ferro, 104 en perruqueiro/a, 514 en técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais, 350 en técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, 343 en técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, 436 en técnico/a superior en prevención de riscos laborais, 243 en técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información e 815 en telefonista.

 

O número de novas inscricións por parte de persoas que non participaran no pasado ciclo é: 7 en albanel, 30 en calefactor/a, 9 en carpinteiro/a, 92 en condutor/a, 39 en costureiro/a, 60 en electricista,  25 en enxeñeiro/a técnico/a,  15 en fontaneiro/a,  99 en grupo de xestión da función administrativa, 86 en grupo técnico da función administrativa, 102 en lavandeiro/a,  51 en mecánico/a, 93 en pasador/a de ferro, 9 en perruqueiro/a, 6 en técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais, 17 en técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información,  37 en técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, 15 en técnico/a superior en prevención de riscos laborais, 16 en técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información e 128 en telefonista.

 

As listas atópanse publicadas, a disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

 

As persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles, ata o 28 de xullo.

Data de actualización: 13/07/2023