Os alumnos do programa de Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración visitan obradoiros de especialistas en zocos e percusión tradicional

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2023

Os alumnos do programa Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración visitaron nas últimas horas o taller de zocos de madeira Eferro e o de Sanín percusion tradicional, e recibiron formación específica no eido da gaita da man do músico Álvaro Costas creador do espectáculo ‘Mitic’ e de baile co director de ‘Cantigas e Agarimos’, Pedro Brañas.

Escolas Abertas, que conta cun total de 54 alumnos, ten como obxectivo formar a membros de entidades galegas de Europa e América en baile tradicional galego, canto popular e pandeireta, gaita tradicional galega, percusión tradicional galega, confección de traxe tradicional galego e cociña. Estase a desenvolver ata o próximo día 15 de xullo no Centro Superior de Hostalería de Galicia

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/07/2023