A Xunta imparte en Boqueixón un curso para a formación de asesores sobre prevención de riscos laborais na apicultura

Este módulo enmárcase dentro do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, para a formación de asesores co fin de ofrecer unha mellor atención á cidadanía

O curso abordou as medidas preventivas nos lugares de traballo, o manexo dos animais ou a manipulación de elementos químicos, entre outros

Impartiuse no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude, onde houbo diversas charlas informativas

Boqueixón (A Coruña), 12 de xullo de 2023

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, impartiu un módulo sobre prevención de riscos laborais na apicultura. Neste encontro que tivo lugar hoxe no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude (CEFEA), houbo varias charlas formativas orientadas a profesionais da Consellería co obxectivo de ofrecer unha mellor atención á cidadanía.

Este curso está enmarcado dentro do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020. Neste caso, o módulo tratou temas relacionados co manexo das abellas e as medidas preventivas nos labores relacionados coa apicultura, xa sexa cos equipos de traballo como no lugar de traballo.

Ademais, tamén se tratou o uso e manexo de elementos químicos, os primeiros auxilios e a vixilancia da saúde dos animais, entre outros temas. Estas charlas están recollidas no módulo que se especializa na prevención de riscos laborais durante as actividades apícolas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/07/2023