A Xunta colaborará nunha nova edición de Aldeas singulares que organiza a Fundación Eduardo Pondal

 Ponteceso (A Coruña), 10 de xullo de 2023 O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, sinalou hoxe que a Consellería de Política Social e Xuventude colaborará un ano máis no encontro ‘Aldeas Singulares’, que organiza a Fundación Eduardo Pondal e que se celebrará, como todos os anos, a principios do vindeiro mes de setembro.

Xunto con esta nova edición de ‘Aldeas singulares’, a Fundación Eduardo Pondal traballa na preparación dunha xornada sobre vilas literarias na que participarían distintas localidades de Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/07/2023