Sanidade e Agefec abordan o plan de atención domiciliaria do Sergas

A consellería de Sanidade acolleu unha xuntanza na que se abordaron diferentes temas vencellados a atención primaria galega

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2023

A directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López Linares, mantivo esta mañá en Compostela unha reunión con representantes da Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria (AGEFEC) para tratar diferentes temas vencellado á atención primaria.

A responsable da Consellería de Sanidade, cualificou esta xuntanza como “moi produtiva”, destacando a abordaxe do Plan de atención domiciliaria, un asunto sobre o que previamente lle achegou a esta asociación, e a outras sociedades científicas, un documento para trasladar as súas alegacións.

A reunión asistiron a presidenta de AGEFEC, Gemma Rodríguez Álvarez; a súa vicepresidenta 2ª, Karin Meier Cacharo; e o secretario da asociación, Alvaro Carrera García. Ademais, e por parte da Consellería de Sanidade, tamén participaron na xuntaza María Jesús Rey Tristán e Francisco Represas Carrera.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/07/2023