O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria e o alcalde de Abegondo acudiron á xornada técnica da carne de cachena

A Xunta participa na xornada técnica de resultados sobre a alimentación da raza autóctona galega cachena

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria asistiu á presentación de resultados da produción de calidade de carne de novillo de raza cachena

Para finalizar a xornada houbo unha demostración culinaria sobre corte de carne de vaca cachena
 

Abegondo (A Coruña), 10 de xullo

de 2023

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, acudiu no Centro de Investigacións e Experimentacións Agrarias de Mabegondo a unha xornada técnica na que se presentaron os resultados da categoría Novillo de raza cachena. Neste encontro participaron técnicos do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), do Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) e da empresa Proyecto Miña Terra. Como peche, celebrouse unha demostración de corta de carne á que asistiu tamén o alcalde de Abegondo, José Luis Santiso.

Durante esta xornada presentáronse as análises nutricionais dos alimentos subministrados aos novillos de raza cachena. Así, a técnica do Centro de Investigacións e Experimentación Agrarias de Mabegondo, Carmen Montes, ofreceu aos asistentes os resultados da produción de calidade da carne desta raza autóctona. Pola súa parte, o Centro Tecnolóxico da Carne, centrou a súa exposición na maduración desta carne de vacún.

Con todo, os asistentes a esta xornada enmarcada no Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural, puideron visitar nas instalacións do Centro de Mabegondo varios exemplares de vaca cachena. Para rematar a xornada, ofrecéuselles unha mostra e degustación dos diferentes cortes de carne da categoría novillo desta raza de vaca galega.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/07/2023