A Xunta e o Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia inician un ciclo de obradoiros para formar á cidadanía no uso de material tecnolóxico innovador

As xornadas terán lugar entre xullo e outubro en 18 concellos da Rede de aulas CeMIT

Os participantes aprenderán a manexar impresoras 3D, drons, lentes de realidade virtual e kits de programación e comunicación

A inscrición pode realizarse a través da web da Rede ou poñéndose en contacto directamente coa aula

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2023

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) inician esta semana un ciclo de 18 obradoiros para formar á cidadanía no uso de equipamento innovador co que se ten dotado á Rede CeMIT. Os participantes nestas xornadas aprenderán a manexar dispositivos como impresoras 3D, drons, lentes de realidade virtual ou kits de programación e comunicación como Arduino e Raspberry Pi. 

Estas sesións, presenciais e cunha duración de 4 horas, estenderanse ata o mes de outubro en 18 aulas da Rede CeMIT. As actividades teñen un carácter demostrativo-experimental, nas que se exporán varias aplicacións e usos dos sistemas e equipamento tecnolóxico con temáticas como a impresión FDM, Dorn DJI Tello, Arduino, Raspberry Pi, entre outros. As persoas interesadas en asistir non precisan contar con coñecemento previo aínda que si con competencias básicas no uso das TIC.

Cada sesión irá acompañada de pílulas informativas de cada elemento, sintetizando os seus aspectos técnicos e principais posibilidades, así como diversos recursos para a súa aprendizaxe de xeito que os usuarios e usuarias poidan inspirarse e interactuar cos diversos sistemas cunha finalidade ocio-educativa.

Esta actuación enmárcanse no convenio de colaboración asinado entre o CPEIG e a Axencia autonómica este ano no marco do “Plan de Reforma e Ampliación da Rede de aulas CeMIT (2022-2025)” para mellorar os servizos de capacitación e formación dixital dos centros CeMIT e adaptarse ás novas demandas da cidadanía.

Calendario dos obradoiros

 
Aula CeMIT
Data
Horario
Inscrición
Pontevedra
12 xullo
10:00 a 14:00
Valga

13 xullo

10:00 a 14:00

Oroso
19 xullo
10:00 a 14:00
A Estrada

8 agosto

10:00 a 14:00

O Barco
27 xullo
10:00 a 14:00
Vigo

31 xullo

09:30 a 13:30

Ponteareas
31 xullo
17:00 a 21:00
Betanzos

9 agosto

09:30 a 13:30

Guitiriz
2 setembro
10:00 a 14:00
Cuntis

4 setembro

16:00 a 20:00

Quiroga
7 setembro
10:00 a 14:00
Castrelo de Miño

12 setembro

10:00 a 14:00

Moaña
13 setembro
16:00 a 20:00

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42813

Vimianzo

18 setembro

16:00 a 20:00

Boiro
19 setembro
16:00 a 20:00
Ribeira

2 outubro

10:00 a 14:00

Celanova
3 outubro
10:00 a 14:00
San Sadurniño

4 outubro

10:00 a 14:00

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/07/2023