A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, co delegado territorial da Xunta na Coruña, abordou a materialización deste contrato co xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee, Luis Verde, e coa Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña
A Xunta pon en marcha a construción do Novo Hospital Público da Coruña coa licitación hoxe das obras da Torre Polivalente por importe de máis de 35 M€
Vázquez Mourelle adianta o obxectivo de comezar este mesmo ano as obras, que terán un prazo de execución de 18 meses
Sinala que a Torre Polivalente será o punto desde o que se administrará todo o complexo e o nexo entre as novas edificacións e o hospital actual, a través dunha pasarela elevada que o conectará co bloque oeste existente
Os niveis 0 a 2 serán para instalacións; o 3 será para informática; os 4 a 6 para accesos; os 7 a 12 para as instalacións de xestión e laboratorio; 13 e 14 destinaranse a Hotel de Doente, con 14 habitacións; e o 15 para instalacións de clima
Avanza que nos vindeiros días tamén se licitarán o contrato para a redacción do proxecto e a execución do viario perimetral e os accesos, así como a demolición do Hotel de Doentes, cuxo espazo é necesario para executar os novos accesos
Remarca o intenso traballo da Xunta a prol do Novo CHUAC, unha actuación complexa e ambiciosa, cun investimento de 500 M€ para garantir a atención sanitaria a máis de 500.000 pacientes
A Xunta pon en marcha a construción do Novo Hospital Público da Coruña coa licitación hoxe das obras da Torre Polivalente por importe de 35,1 M€.
Vindeiros avances e licitacións
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade adiantou que nos vindeiros días tamén se licitarán o contrato para a redacción do proxecto construtivo e a execución das obras do viario perimetral e os accesos a novo Hospital; así como a demolición do Hotel de Doentes, cuxo espazo é necesario para executar os novos accesos.