A Xunta salienta a tradición da Rapa das Bestas de Sabucedo e a relevancia do gando cabalar para o monte galego

A Estrada (Pontevedra), 8 de xullo de 2023

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu esta tarde aos actos de celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo, que se desenvolve no concello pontevedrés da Estrada.

 

Balseiros puxo en valor a ampla tradición e a relevancia desta festa, catalogada como de interese turístico internacional, así como os valores que difunde en relación coa importancia do gando cabalar para a xestión do monte galego, en materia de prevención de incendios, entre outros beneficios. Esta edición de 2023 da Rapa de Sabucedo celébrase dende o pasado xoves ata o vindeiro luns e o seu programa inclúe tamén actividades musicais, como pasarrúas, concertos e verbenas, entre outras.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/07/2023