A Xunta agradece a Faxpg a súa ampla traxectoria apoiando ás persoas xordas de Galicia

A Coruña, 7 de xullo de 2023 A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, agradeceu á Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) a súa ampla traxectoria apoiando ás persoas xordas de Galicia.

Esta mañá, a directora xeral mantivo unha reunión de traballo co seu presidente, Iker Sertucha, onde amosou o seu compromiso de seguir traballando da súa man por crear unha sociedade máis xusta coas persoas con discapacidade.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/07/2023