Preto de 18.000 persoas están chamadas a participar esta fin de semana nas oposicións para 238 prazas de emprego público na Xunta

Un operativo formado por 280 persoas controlará que todos os procesos selectivos se desenvolvan de xeito correcto e con total seguridade

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2023

Preto de 18.000 aspirantes están chamados a participar nas oposicións que se celebrarán esta fin de semana no recinto da Feira Internacional de Silleda para acceder a 238 prazas de emprego público na Xunta.

As probas comezarán mañá sábado, ás 9,00h para cubrir 54 prazas de auxiliar de clínica ás que están convocadas 1.841 persoas; e a partir das 16,00h será a quenda dos 3.399 aspirantes convocados para 65 pazas de auxiliar coidador.

A continuación, o domingo 9 de xullo, ás 10,00h, realizarase a oposición para a agrupación profesional de persoal subalterno, no que están chamadas a participar 12.444 persoas para 119 prazas.

Operativo de seguridade

Un operativo formado por 280 persoas controlará que todos os procesos selectivos se desenvolvan de xeito correcto e con total seguridade. O recinto feiral de Silleda disporá tamén dunha ambulancia, habilitada pola Administración galega para atender calquera incidencia que se puidese producir durante a realización das probas.

Data de actualización: 07/07/2023