Comeza o ciclo “Mar aberto. Concertos na fin da terra” no Arsenal Militar de Ferrol

Contarán coas actuacións de Amaro Ferreiro, Julieta Venegas, Eva B e Alice Wonder, entre outros

As entradas son de balde, e pódense facer as reservas en www.woutick.es
 

Santiago de Compostela, 06 de xullo de 2023

Mañá dá comezo o novo ciclo de concertos Mar aberto, concertos na fin da terra, no Arsenal de Ferrol, coa actuación de Amaro Ferreiro, Julieta Venegas, Eva B e Alice Wonder, entre outros.

Este ciclo de concertos Festival Mar Aberto - Festival Mar Aberto é unha continuación dos Concertos na Fin do Mundo, concibidos como unha experiencia musical e turística diferente no marco da celebración do Xacobeo 21-22. Para esta edición contase con catro localizacións diferentes que teñen como referente próximo un faro da costa galega ou espazo de beleza singular. Son concertos de formato intimista en contornas singulares, como o Arsenal militar de Ferrol ou os faros de Cabo Silleiro, da Barca e de Corrubedo, unhas impresionantes vistas sobre a ría ou un espectacular solpor sobre o Atlántico.

Neste mes de xullo vanse celebrar concertos durante cada fin de semana. O primeiro deles terá lugar mañá e pasado no Arsenal Militar de Ferrol, coa actuación de Amaro Ferreiro, Julieta Venegas, Eva B e Alice Wonder, entre outros. A fin de semana seguinte, os 14 e 15 de xullo terán lugar no Faro Cabo Silleiro (Baiona), onde actuarán Ses, Monopolius Dop Lynn Milanés e Catuxa Salom.

Os días 21 e 22 de xullo no Faro Punta da Barca (Muxía) actuarán Fillas de Cassandra, Freedonia, Cora Velasco e Mísia. E finalmente, o derradeiro fin de semana de xullo, os días 28 e 29 de xullo actuarán no Faro de Corrubedo (Ribeira), Blanca Paloma, The Gift, Sheila Patricia e Allova. Estes son algúns dos artistas que participarán nestas noites máxicas, xunto a DJs como DJ Russinha, Señora DJ e Rapariga DJ, que actuarán ao longo das 4 fins de semana. As entradas son de balde, e pódense facer as reservas en www.woutick.es

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/07/2023