A Xunta visita un campamento organizado pola Banda de Música de Vilatuxe
2023-07-05
/documents/35297/40777/20230507+FotoDXXuventudeCampamentoMusicalLalin.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lalín, 5 de xullo de 2023
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo hoxe cos nenos que participan no campamento organizado pola Banda de Música de Vilatuxe. A actividade, que se iniciou onte e continuará ata pasado mañá venres, desenvólvese no CEIP Vicente Arias de la Maza.
Cristina Pichel destacou a importancia de propostas como esta, posto que permiten aos máis novos desfrutar das vacacións escolares con actividades divertidas e, ao mesmo tempo, formativas. Neste campamento, que celebra a súa sétima edición, os participantes asisten a clases de música e movemento, ademais de realizar actividades deportivas ou asistir a proxeccións audiovisuais.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 05/07/2023