Diego Calvo recibe no Obradoiro a mozos e mozas da International Studies Foundation encabezados pola embaixadora de EE.UU. en España

Santiago de Compostela, 04 de xullo de 2023 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, recibiron hoxe na praza do Obradoiro a un grupo de mozos e mozas participantes no programa “Camiño de Santiago da fundación International Studies Foundation encabezados pola embaixadora de Estados Unidos en España, Julissa Reynoso, xunto coa comisionada de Miami Dade Distrito 7, Raquel Regalado.

A iniciativa pretende fomentar o intercambio de experiencias a través da ruta xacobea e nesta edición conta con participantes de Estados Unidos e España e tamén un mozo ucraíno refuxiado en España.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/07/2023