A Xunta aborda os programas e liñas de colaboración que mantén abertos con Cogami

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, mantivo hoxe unha reunión con responsables da entidade

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2023 A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, reuniuse hoxe con responsables de Cogami na sede da entidade. O obxectivo do encontro foi poñer en común a situación dos programas e liñas de traballo que están abertas entre a Administración autonómica e a devandita confederación.

Begoña Abeijón trasladou aos directivos de Cogami a disposición do Goberno galego de seguir ao carón das entidades que, como esta, actúan no ámbito da discapacidade para avanzar no obxectivo común da plena inclusión. Na actualidade, a Consellería de Política Social e Xuventude colabora con Cogami a través de convenios para o desenvolvemento de programas, o financiamento de prazas en centros de día e ocupacionais ou por medio de diferentes ordes de axudas, como as de inclusión voluntariado ou do IRPF.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/07/2023