A Xunta avoga por un tecido produtivo forte, dinámico e aberto ao talento das persoas con discapacidade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou en Vilagarcía de Arousa na clausura da xornada Aportando talento á túa empresa, organizado por Inserta Emprego da Fundación Once

A Xunta de Galicia ten en marcha o Plan Emprega Discapacidade-Exclusión Social que con 44 millóns de euros de orzamento busca fomentar a contratación de formación de 6.000 persoas para acadar unha Galicia con contornas laborais inclusivas

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 4 de xullo de 2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe na clausura da xornada Aportando talento á túa empresa, organizada pola entidade Inserta Emprego da Fundación Once, onde avogou por un tecido produtivo aberto, forte e dinámico, que inclúa ás persoas con discapacidade no mercado laboral para dar resposta ao reto de cubrir as necesidades existentes de man de obra.

A representante da Xunta de Galicia lembrou que aínda que entre 2014 e 2021 a incorporación das persoas con discapacidade ao mercado laboral galego incrementouse máis dun 71%, cómpre seguir a traballar pola diversidade do talento nas empresas.

O Goberno galego reeditou este ano o Plan Emprega Discapacidade-Exclusión Social integrado por oito liñas de actuación ao que está a destinar 44 millóns de euros para fomentar a contratación e a formación de 6.000 persoas. “Pretendemos construír unha Galicia que non deixe a ninguén atrás, creando contornas laborais máis inclusivas”, remarcou a conselleira.

Elena Rivo agradeceu o traballo de Inserta Empleo, que con xornadas como a celebrada hoxe visibilizan, con situacións reais, os beneficios que tanto para a economía como para a sociedade galega supón a incorporación de persoas con discapacidade.  

Data de actualización: 04/07/2023