Comesaña destaca a capacidade investigadora de José Luis Mascareñas Cid, novo membro da Real Academia de Farmacia

O conselleiro de Sanidade salientou as contribucións do doutor Mascareñas Cid no desenvolvemento da química biolóxica

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2023

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou esta tarde en Compostela no acto de ingreso como académico de número da Real Academia de Farmacia de Galicia do doutor José Luis Mascareñas Cid.

O antigo Hospital de San Roque acolleu un acto protocolario no que o máximo responsable da Sanidade galega destacou “a capacidade e a calidade investigadora” do novo membro da RAFG, destacando o seu labor dentro do eido das ciencias moleculares.

Acompañado polo presidente da Real Academia de Farmacia de Galicia, Ángel Concheiro Nine, xunto coas contribucións do doutor Mascareñas Cid ao desenvolvemento da química biolóxica, García Comesaña tamén puxo de relevo a súa capacidade para trasladar o seu coñecemento aos seus equipos de investigación científica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/07/2023