O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu á inauguración desta iniciativa, que comezou no local social da parroquia de Donramiro

A Xunta e o Concello de Lalín poñen en marcha un novo programa destinado ás persoas maiores que viven no rural

Unha decena de locais sociais municipais acollerán actividades que teñen como principal obxectivo impulsar o envellecemento activo e favorecer a conciliación das familias

Destinaranse 75.000 euros para que uns 500 lalinense conten con sesións de ximnasia, rehabilitación física, accións de estimulación cognitiva ou acto

Lalín (Pontevedra), 3 de xullo de 2023

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu hoxe á posta en marcha de Lalín Activa destinado ás persoas maiores que vive no rural. A Xunta de Galicia e o Concello asinaron un convenio para desenvolver actividades que teñen como principal obxectivo impulsar o envellecemento activo e favorecer a conciliación das familias.

 

O Goberno galego achega 75.000 euros para que uns 500 lalinenes conten cunha programación ampla de actividades que lles permita manterse activos o maior tempo posible. Unha decena de locais sociais municipais albergarán iniciativas para fomentar a estimulación cognitivas, favorecer o ocio e as relacións interpersoais. Tamén se levarán a cabo sesións de ximnasia e rehabilitación física e realizarase unha avaliación continua das capacidade cognitivas dos participantes.

 

Hoxe inaugurouse Lalín Activa no local social da parroquia de Donramiro e xa nos vindeiros días continuará a programación noutras instalacións do rural lalinense para chegar ao maior número de participantes posible.

 

A Xunta de Galicia traballa en colaboración cos concellos para impulsar programas innovadores coma este que permitan, por un lado, mellorar a calidade de vida dos participantes ao mantelos máis activos e, por outro, facilitar a conciliación de todas as súas familias. Preténdese tamén atallar outros aspectos como a soidade non desexada, o deterioro das persoas de máis idade ou a concienciación e sensibilización sobre os hábitos saudables.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/07/2023