Miranda agradece o traballo en prol da colectividade galega en Mar del Plata (Arxentina) ao centro gallego no seu 71 aniversario

Mar del Plata (Arxentina), 03 de xullo de 2023

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe ao 71 aniversario do Centro Gallego del Mar de Plata, felicitando aos seus socios e simpatizantes polo traballo realizado ao longo de todos estes anos en prol da colectividade galega nesta cidade arxentina. No acto, no que Rodríguez Miranda asinou no libro de honra da institución galega, estivo tamén presente o delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro, así como o intendente de Mar del Plata, Guillermo Montenegro.

Este centro fundouse o 1 de xullo de 1952. Durante o acto institucional de hoxe, interpretáronse os himnos de España, Arxentina e Galicia. A festa contou, ademais de cun xantar de confraternidade, con actuacións conxuntas das agrupacións da institución, así como de todas as colectividades españolas afincadas en Mar del Plata e na súa contorna.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/07/2023