Miranda asiste á Gala do Mes de Galicia que organiza o Centro Galicia de Bos Aires

Bos Aires (Arxentina), 02 de xullo de 2023

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu onte á Gala do Mes de Galicia que organizou o Centro Galicia de Bos Aires na sala Valle Inclán da capital arxentina. No acto estivo tamén presente o delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro.

A festa, en homenaxe a Galicia, contou coa participación das escolas deste centro así como das agrupacións do Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires. As escolas de Música Celta e de Gaitas, as escolas de cantareiras e o grupo de danzas españolas completaron as actuacións. O Centro Galicia de Bos Aires naceu en xullo de 1979 para proxectar na capital arxentina a identidade galega e preservar nas xeracións futuras os valores fundamentais de Arxentina, Galicia e España.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/07/2023