Inícianse con normalidade en Silleda as oposicións para o Corpo Superior Xeral da Xunta de Galicia

A porcentaxe de participación é dun 52 %

Pola tarde celebraranse as probas do corpo auxiliar xeral C2 ás que están convocadas máis de 8.700 persoas
 

Silleda, 1 de xullo de 2023

A Xunta acaba de iniciar hoxe con normalidade as oposicións para 75 prazas no Corpo Superior da Administración autonómica (A1).

A porcentaxe de participación nos exames que se celebran esta mañá no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, é do 52 %. A estas probas estaban convocados un total de 1.572 aspirantes dos que finalmente se presentaron 822.

A continuación, pola tarde ás 16,00h realizaranse os exames para 120 prazas do Corpo auxiliar (C2) no que están chamadas a participar máis de 8.700 persoas.

Operativo de seguridade

Un operativo formado por preto de 280 persoas controla que todos os procesos selectivos se desenvolvan de xeito correcto e con total seguridade. O recinto dispón tamén dunha ambulancia, habilitada pola Administración galega para atender calquera incidencia que se puidese producir durante a realización das probas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/07/2023