A Xunta participa nunha nova edición do Camiño da Diversidade da Fundación Ingada

A Fonsagrada (Lugo), 1 de xullo de 2023 O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou hoxe no IX Camiño da Diversidade, unha actividade educativa e de ocio organizada pola Fundación Ingada. Jacobo Rey acompañou ás persoas que participaron nesta marcha, que percorreu un treito do Camiño Primitivo a Santiago de Compostela, desde a igrexa de Fonfría ata a praza de España deste concello lucense.

O obxectivo principal desta iniciativa foi concienciar á sociedade en xeral sobre a importancia de respectar a diversidade de cada un, sen exclusión; así como fomentar a integración e o desenvolvemento digno das persoas por moi diferentes que sexan. Ademais, esta proposta serviu para promocionar valores como a solidariedade, o compañeirismo, o respecto e a vida saudable.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/07/2023