A Xunta licita por máis de 110.000 € a humanización da praza pública central de San Cibrao das Viñas

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2023

A Xunta de Galicia acaba de licitar por  máis de 110.000 euros —concretamente, 111.675,14 euros, IVE incluído— a obra destinada á humanización da praza pública central do municipio de San Cibrao das Viñas, que se executará en virtude do convenio de colaboración asinado o pasado mes de marzo entre o Goberno autonómico e o Executivo local.

 

As obras, cun prazo de execución previsto de tres meses, consistirán na substitución do pavimento actual por un novo con lastro de granito colocado con morteiro de cemento, na instalación dunha nova varanda, na reparación das escaleiras de pedra e da fonte, e na limpeza do muro de pedra. Ademais, colocaranse bancos de pedra, papeleiras e macetas para contribuír á humanización e aproveitamento deste espazo público pola veciñanza.

Data de actualización: 01/07/2023