A directora xeral de FP salienta o reforzo da oferta dual e agraria-forestal no IES San Rosendo de Mondoñedo

Eugenia Pérez visita este centro educativo que o próximo curso incorpora o ciclo de grao superior de Paisaxismo e medio rural, único na provincia de Lugo

 

Mondoñedo (Lugo), 30 de xuño de 2023

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou esta mañá o Instituto IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, onde salientou o reforzo da oferta formativa dual e da familia Agraria-Forestal a partir do próximo curso 2023-24.

A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades referiuse a implantación do novo ciclo de grao superior de Paisaxismo e medio rural no réxime de persoas adultas, único da provincia de Lugo, e aliñado cun dos sectores económicos máis importantes deste concello como é o do aproveitamento forestal e silvicultura.

Tamén en réxime de adultos e na modalidade dual, o centro oferta o ciclo de grao superior de Aproveitamento e conservación do medio natural, con 22 prazas e a participación de 14 empresas.  

En réxime ordinario, o centro imparte os ciclos de grao básico de Agroxardinaría e composicións florais e de grao superior de Xestión forestal e do medio natural.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/06/2023